O Barco está situado na parte sueste de Galicia e a tan só 17 quilómetros do linde administrativo desta comunidade.
Podemos chegar ao Barco por autobus (ver horarios), por tren (ver horarios), pola liña de Palencia á Coruña, e por coche, pola N-120, que nos comunica con Santiago e as capitais galegas do sur e, enlazando coa A-6 no Bierzo, coas cidades do norte de Galicia e co resto do mundo.