CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--
Escola Infantil Municipal
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO BARCO
O principal obxectivo da Escola Infantil Municipal do Barco é crear un entorno cálido e seguro para os menores, co fin de acadar o seu desenvolvemento integral e facilitarlles a súa aprendizaxe.
Para logralo, traballase en estimular o desenvolvemento de todas as capacidades humanas (físicas, afectivas, intelectuais e sociais) do menor nos seus primeiros anos de vida, sen esquecer a parte asistencial establecida para este tramo de idade.
A escola atende a nenas e nenos de entre tres meses e tres anos, sempre e cando cumpran os tres anos antes do 31 de decembro do ano no que se matriculan.
HORARIO
A escola permanece aberta de 7:45 horas da mañá ás 16:30 horas da tarde, de xeito continuado. Os menores poden estar un máximo de 8 horas ao día no centro, e como moito 11 meses ao ano, agás nos casos especiais xustificados no Regulamento da Escola.
No centro existe a posibilidade de elixir diferentes horarios para os nenos/as: medias xornadas de ata 4 horas máximo, ou xornadas completas de máis de 4 horas, incluíndo ou non o servizo de comedor.
TARIFAS
As mensualidades están reguladas segundo o cadro de prezos das escolas infantís da Xunta e especificadas na ordenanza fiscal do Concello. Todas elas varían de acordo ao IPREM de cada familia e ao número de fillos/as.
SERVIZOS
Na Escola Infantil Muncipal ofrécese unha atención educativo-asistencial para todos os menores, acorde á súa demanda, e un servizo complementario de comedor para os que as súas necesidades o requiran.
O centro dispón de cociña propia na que se elaboran uns menús diarios baseados na dieta mediterránea e elaborados con produtos de primeira calidade. Os menús están supervisados e selados por un pediatra infantil e expostos no taboleiro de anuncios da escola.
EQUIPO HUMANO
O equipo humano desta Escola está formado por profesionais cualificados e con anos de experiencia na educación infantil.
A escola dispón dunha profesional en cada aula e unha persoa de apoio para axudar a todos os grupos en momentos concretos da xornada. Tamén hai unha persoa de servizos xerais encargada da cociña, a elaboración dos menús e a limpeza das instalacións.
OBXECTIVOS XERAIS:
Estimular o desenvolvemento de todas as capacidades humanas (físicas, afectivas, intelectuais e sociais) do neno/a, nos seus primeiros anos de vida sen esquecer a parte asistencial establecida para este tramo de idade.
Estimular o movemento e control corporal.
Incentivar as manifestacións da comunicación e da linguaxe.
Desenvolver as primeiras pautas elementais de convivencia e relación social.
Acompañalos no descubrimento da contorna inmediata.
Colaborar coas familias compartindo e completando a función educativa.
NORMATIVA:
Decreto 330/2009, de 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia
Decreto 329/2005, do 28 de xuño, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia
Regulamento de réxime interno da Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras
Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación da escola infantil municipal do Concello do Barco.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO BARCO
R/Florencio Delgado Gurriarán, 20
e.infantil.municipal@concellodobarco.org
Telf. 988 325 818 - Ext. 3010
ENLACES DE INTERESE
- Sede
Electrónica - Portal de
Transparencia - Perfil do
Contratante - O noso
Rueiro - Camiño de
Inverno - Suscríbete en
TokApp - Subvencións á
Cidadanía - Web
Turismo