CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--
--
A economía xira aquí ao redor da lousa: a súa extracción, elaboración e comercialización dálles traballo a unhas 3.000 persoas de xeito directo e a moitas máis nas empresas relacionadas. As explotacións louseiras localízanse principalmente nos veciños concellos de Carballeda e Vilamartín, ou nos leoneses da Ponte de Domingo Flórez e Encinedo.
A viticultura é unha antiga ocupación que está sendo dinamizada coa plantación de viñedos con castes autóctonas e a elaboración de caldos de gran calidade en adegas provistas da última tecnoloxía. A recuperación da variedade godello, a principios dos anos setenta do pasado século, constitúe un fito no proceso de dignificación dos viños da comarca e da súa proxección cara ao exterior. Tamén no sector primario é importante a comercialización das castañas que, de recoñecida calidade, producen os soutos valdeorreses.
O bo momento da economía comarcal move o sector do comercio, que se presenta unificado na súa imaxe e promoción arredor do denominado Centro Comercial Aberto, cunha oferta renovada e moi atractiva.
A localización no Barco dos servizos sanitarios do Hospital Comarcal Valdeorras e doutros servizos administrativos, tanto da Xunta como do Goberno Central, son asemade factores que favorecen o emprego e a actividade económica.
Todo isto fai que O Barco sexa hoxe unha localidade de acollida de numerosos persoas doutras nacionalidades que veñen aquí a traballar e a vivir.
COOKIES TÉCNICAS OU NECESARIAS PARA O CORRECTO FUNCIONAMENTO DA WEB E PROPIAS. Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia como usuario. Pulse aceptar para continuar navegando, ou máis información, se desexa información adicional sobre o tratamento de cookies que realiza a nosa web. AceptarMáis información
Privacy & Cookies Policy