CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--
Mercado Municipal
OS MELLORES PRODUTOS, NO NOSO MERCADO
O Mercado municipal está situado na Praza do Concello, 2, baixo, do Barco de Valdeorras.
Nel poden atoparse actualmente 10 postos en funcionamento, nos que a veciñanza dispón dunha interesante oferta en produtos frescos.
Aberto de luns a sábado, de 9,00 a 14,00, salvo as pescaderías, que non abren os luns.
Estes son os postos e produtos que se poden atopar no Mercado:
POSTO Nº 1 (ENTRADAS INTERIOR E EXTERIOR)
PUNTO DE INFORMACIÓN
Espazo habilitado coa cofinanciación da Unión Europea, a través da liña de subvencións convocada no ano 2020 pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
POSTO Nº 4
CARNICERÍA TOÑO
Produtos á venda: tenreira galega con I.X.P e derivados do porco
POSTO Nº 5
CARNICERÍA ODILO
Produtos á venda: carne de tenreira galega con I.X.P e carne de porco
POSTO Nº 6
A LOLA CARNICERÍA
Produtos á venda: embutidos de Manzaneda e Reigada, e xamóns e lacóns de Vilalba.
POSTO Nº 7
EMBUTIDOS HERVELLA
Produtos á venda: embutidos (chourizos, salchichóns, botelos, androllas) e carne de porco
POSTO Nº 8
PESCADERÍA LAURA
Produtos á veda: Peixe e marisco variado procedente da Coruña, Vigo e Celeiro.
POSTO Nº 10
O POSTO DE JOSEFA
Produtos á venda: Patacas, verduras e plantas do Barco de Valdeorras.
POSTOS Nº 11 E 12
PESCADOS Y MARISCOS A BARQUEIRA
Produtos á venda: Peixe e marisco variado da Coruña, Burela, Vigo e Ribeira.
POSTO Nº 13
FRUTAS ENCINA
Produtos á venda: froita e vexetais procedentes das hortas da Comarca (Pementos de Padrón e de Mougán, en tempada)
POSTO Nº 17 (ENTRADAS INTERIOR E EXTERIOR)
LA MANDUCA
Produtos á venda:
Mel de Galicia I.X.P
Licores Mosteiro da Xogoaza (Parroquia do Barco de Valdeorras)
Viños D.O Valdeorras
Queixo San Simón D. O.P
Queixos de Castro Caldelas D.O.P
Pementos asados ECOLÓXICOS
Castañas en caldo de azucre ECOLÓXICAS
Marmeladas ECOLÓXICAS
Faba loba de A Veiga
Galletas “La Manduca” ECOLÓXICAS
Bicas de Trives e doutras localidades próximas da Comarca.
CAFETERÍA (ENTRADAS INTERIOR E EXTERIOR)
LA PLACITA
A concellería de Comercio do Concello do Barco participa todos os anos nas campañas de fomento dos mercados que pon en marcha a Xunta de Galicia, engadindo ademais outras actividades propias.
O mercado é tamén o lugar que se ten utilizado durante os últimos anos, e seguirá a facerse, para a presentación de diferentes iniciativas municipais relacionadas co comercio e a hostalaría local, como a Ruta de pinchos e outras moitas.
O espazo é tamén utilizado para a realización de diferentes actividades artísticas, e ata para a celebración de concertos dentro da programación da Ruta do Viño e doutras iniciativas.
ENLACES DE INTERESE
- Sede
Electrónica - Portal de
Transparencia - Perfil do
Contratante - O noso
Rueiro - Camiño de
Inverno - Suscríbete en
TokApp - Subvencións á
Cidadanía - Web
Turismo