CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--
--
O Camiño de Inverno é unha das rutas de peregrinación a Compostela. Tamén coñecido en algún momento como Camiño do Sur, foi usado polos peregrinos procedentes do Camiño francés nas épocas de climatoloxía adversa (por iso a súa denominación), para evitar o paso polos nevados montes do Cebreiro e os desbordamentos dos ríos.
Esta ruta parte de Ponferrada, e ata chegar a Santiago o peregrino ten por diante a única ruta que percorre todas as provincias galega, atravesando as comarcas do Bierzo, Valdeorras, Terras de Lemos e Chantada, para enlazar co Camiño da Prata ó chegar a Lalín
Pola Comarca de Valdeorras discorren 30 quilómetros do Camiño de Inverno. A primeira poboación importante é Sobradelo, onde se cruza O Sil pola Ponte Nova, para seguir logo a ruta pola marxe dereita do río.
O Camiño de Inverno entra no concello do Barco pola poboación de Éntoma e adentrase no casco urbano barquense pola Rúa Real. Despois de percorrer o centro da poboación, abandona O Barco pola Proba. Logo segue por Arcos, Vilamartín, San Miguel e A Rúa, dende onde se sae da comarca valdeorresa para entrar en terras de Lemos.
COOKIES TÉCNICAS OU NECESARIAS PARA O CORRECTO FUNCIONAMENTO DA WEB E PROPIAS. Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia como usuario. Pulse aceptar para continuar navegando, ou máis información, se desexa información adicional sobre o tratamento de cookies que realiza a nosa web. AceptarMáis información
Privacy & Cookies Policy