CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--
--
O esforzo por adaptar a administración local ás novas tecnoloxías, facéndoa máis áxil e transparente, constitúe un reto de gran importancia para o Concello do Barco. Coa renovación deste sitio web abrese unha nova etapa para facilitar á veciñanza o acceso á información, a prestación de servizos e, en definitiva, a atención á cidadanía.
A páxina, totalmente renovada tanto no seu deseño como na presentación dos contidos, quere contribuir a achegar mellor a información sobre o funcionamento e as características do concello, e tamén servir de punto de referencia para todos aqueles que, dende a distancia, queiran saber máis do Barco, con referencias á historia e mais a cultura local, e datos sobre os lugares de interese, a oferta gastronómica, e tamén as novas sobre a actualidade municipal.
Agardo que este novo sitio web satisfaga as expectativas de todas as persoas que se lle acheguen, así como as demandas cidadás en canto á prestación de servizos que ofrece. Nesta liña quero seguir a animar aos usuarios e usuarias da páxina a que formen parte de xeito activo no medio, facéndonos chegar as súas suxestións, inquedanzas e consultas, por canto a participación cidadá quere ser unha parte fundamental deste web.
Velaquí a nova web do Concello do Barco de Valdeorras, unha fiestra aberta á realidade do noso concello e da bisbarra, un espazo plural e aberto, dinámico e acolledor, no que todas e todos teñen un espazo.
COOKIES TÉCNICAS OU NECESARIAS PARA O CORRECTO FUNCIONAMENTO DA WEB E PROPIAS. Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia como usuario. Pulse aceptar para continuar navegando, ou máis información, se desexa información adicional sobre o tratamento de cookies que realiza a nosa web. AceptarMáis información
Privacy & Cookies Policy