CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--
--
O Punto de Información Catastral (PIC) é un servizo que realiza o Concello do Barco, en virtude da sinatura dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Economía e Facenda.
Este servizo é gratuito para todos os veciños e veciñas.
A necesidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral de quen non dispón dos medios informáticos e telemáticos apropiados, xustifica o establecemento dos Puntos de Información Catastral, que ofrecen ao cidadán tódalas vantaxes da Oficina Virtual do Catastro. Neste punto expediranse certificacións catastrais. Os servizos pódense solicitar na Casa do Concello.
COOKIES TÉCNICAS OU NECESARIAS PARA O CORRECTO FUNCIONAMENTO DA WEB E PROPIAS. Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia como usuario. Pulse aceptar para continuar navegando, ou máis información, se desexa información adicional sobre o tratamento de cookies que realiza a nosa web. AceptarMáis información
Privacy & Cookies Policy