CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--
Territorio e Poboación
O Barco está situado na parte suroriental de Galicia, na comarca de Valdeorras, ocupando parte da chaira aluvial do río Sil e entre as montañas que limitan o seu contorno. Esta configuración do terreo é a que deu orixe ao topónimo O Barco, a partir dunha base prelatina, probabelmente céltica, *barc ou *barg (concavidade).
O municipio ten unha extensión de 86 km2 e limita ao norte coa Serra do Courel, ao leste cos municipios de Rubiá e Carballeda, ao oeste co de Vilamartín e ao sur coa Serra do Eixe, que remata no Macizo de Trevinca (2127 m), onde están os máximos cumes de Galicia.
O clima é de carácter oceánico-mediterráneo, con veráns calorosos e secos e invernos moderados en precipitacións e temperaturas.
O Barco é a capital de Valdeorras e o seu centro comercial e de servizos. O concello está formado por 14 parroquias e 24 núcleos de poboación que suman 13.395 habitantes (INE, 2019), a maior parte concentrados na vila capital.
PARROQUIAS DO CONCELLO
Alixo, Raxoá (San Martiño)
O Barco, Veigadecabo (San Amaro Ou San Mauro)
O Castro De Valdeorras, O Corrego, Outarelo (Santa María)
Cesures, Vales (San Clemente)
Coedo (Santo Antonio)
Éntoma (San Xoán)
Forcadela, Nogaledo, Reporicelo (Santiago)
Millarouso, Santurxo, Candís, Carreiras (A Concepción)
A Proba, Veigamuíños (Santa María)
Santa Mariña Do Monte, Fervenza, O Meiral (Santa Mariña)
Santigoso, Soulecín, Vilariño e Castro (San Miguel)
Vilanova De Valdeorras, Vilobal (Santa María)
Viloira (San Martiño)
Xagoaza (San Miguel)
ENLACES DE INTERESE
- Sede
Electrónica - Portal de
Transparencia - Perfil do
Contratante - O noso
Rueiro - Camiño de
Inverno - Suscríbete en
TokApp - Subvencións á
Cidadanía - Web
Turismo