







CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--
Obxectivos e Usos da Aula CeMIT

A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) é un servizo público e gratuíto para tódolos cidadáns financiado pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Presidencia da Xunta de Galicia e a Secretaría Xeral de Medios da Presidencia da Xunta de Galicia, en colaboración cos Concellos onde se sitúan ditas aulas. O Centro Multimedia de Galicia, unidade do Servizo de Xestión do Centro Superior de Documentación (Subdirección Xeral de Telecomunicacións e Audiovisual), encárgase da xestión da Rede de Telecentros de Comunicación realizando, de forma coordinada, a posta en marcha de actividades formativas e a implantación de servizos e de accións de sensibilización e acercamento da poboación. Os obxectivos da Rede CeMIT son os seguintes:
- Promover o uso das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación na poboación, facendo especial fincapé naqueles colectivos onde a fenda dixital faise máis evidente.
- Fomentar a formación entre os profesionais galegos para que sexan capaces de dar resposta as necesidades, retos e proxectos dos diversos sectores do tecido produtivo relacionados coas TIC e a Sociedade da Información .
- Proporcionar plans de formación adecuados ás novas demandas tecnolóxicas, multimedia e audiovisuais.
- Dinamizar a PEMEs e microPEMEs galegas, mostrándolle as vantaxes da Sociedade da Información para o desenvolvemento empresarial e fomentar o uso das TIC no tecido empresarial de Galicia.
- Difundir e capacitar nos servizos da Administración Electrónica.
- Converter a nova Rede CeMIT nunha ferramenta transversal para a difusión das políticas do goberno no ámbito da Sociedade da Información, a formación e o emprego.
- Optimizar os recursos e infraestruturas dos Concellos.
Os Telecentros da Rede CeMIT pódense utilizar para realizar:
- Cursos formativos e poñencias.
- Teleformación.
- Roldas de prensa.
- Videoconferencias/multivideoconferencias, reunións de traballo, etc.
- Visionado de audiovisuais.
- Edición e creación de material multimedia e/ou audiovisual.
Máis información da rede CeMIT : https://cemit.xunta.gal/ Máis información e próximos eventos no telecentro do Barco de Valdeorras no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/centro/51
ENLACES DE INTERESE
- Sede
Electrónica - Portal de
Transparencia - Perfil do
Contratante - O noso
Rueiro - Camiño de
Inverno - Suscríbete en
TokApp - Subvencións á
Cidadanía - Web
Turismo