CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--
--
As principais funcións que ten encomendadas a Policía Local están recollidas en diferentes leis de ámbito nacional. Ten, entre outras, as seguintes:
Velar polo cumprimento das ordenanzas, bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no núcleo urbano.
Vixiar e protexer os pasos de peóns, nomeadamente nas saídas e entradas aos recintos escolares.
Instruír os atestados correspondentes aos accidentes de tráfico ocorridos dentro do termo municipal.
Instruír os expedientes sancionadores en materia de tráfico.
Prestar auxilio en caso de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando nas tarefas de Protección Civil.
Previr a comisión de actos delituosos, mediante unha efectiva vixilancia das rúas, prazas e lugares do municipio.
Cooperar na resolución de conflitos privados cando sexa requirida.
Vixiar e custodiar os edificios e instalacións municipais.
Realizar informes de convivencia, de solicitudes de pasaxe permanente (vaos) e ocupación da vía pública, localización e precinto de vehículos, actividades industriais, etcétera.
Auxiliar á Policía Xudicial.
Ademais destas funcións propias do servizo, dende a Policía Local realízanse actividades de educación viaria para os escolares do municipio.
Enderezo: Rúa dos Muíños, 1.
Tel. 988 322 939. Móbil: 616 402 880
COOKIES TÉCNICAS OU NECESARIAS PARA O CORRECTO FUNCIONAMENTO DA WEB E PROPIAS. Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia como usuario. Pulse aceptar para continuar navegando, ou máis información, se desexa información adicional sobre o tratamento de cookies que realiza a nosa web. AceptarMáis información
Privacy & Cookies Policy