CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--
Recollida de residuos sólidos urbanos
Horario para o depósito de residuos
O depósito de residuos da fracción resto nos contedores realizarase entre as 20 e as 22 horas nos días que se preste o servizo de recollida. Non se poderán depositar residuos os domingos e festivos ao non prestarse o servizo.
Os envases, papel e cartón poderán depositarse a calquera hora do día nos contedores específicos dispostos na vía pública para tal fin.
Os establecementos comerciais que utilicen o servizo de recollida de papel e cartón porta a porta (martes e venres) deberán sacar os residuos antes das 10:00.
O vidro poderá depositarse ao longo do día entre as 8.00 e as 22.00 horas nos contedores específicos localizados na vía pública para tal fin.
Frecuencias e quendas de recollida de residuos
Colector verde - fracción resto:
-Casco urbano do Barco e Viloira: frecuencia de recollida diaria excepto domingos e festivos, sen que poida haber máis dun día sen servizo, en quenda de noite
-Éntoma, Vilanova, O Castro, Veigamuiños, A Proba, Polígono Industrial, A Barxa, Viloval, Forcadela, Nogadelo, Outarelo, O Córrego, Xagoaza e Ferradal: frecuencia de recollida de tres veces por semana,en quenda de mañá.
-Resto de núcleos de poboación: frecuencia de recollida de dúas veces por semana, en quenda de mañá.
.Envases: frecuencia de recollida de dúas veces por semana, en quenda de mañá.
-Papel e cartón: frecuencia de recollida de dúas veces por semana, en quenda de mañá.
Os colexios, deberán sacar o colector de papel e cartón a primeira hora da mañá (martes e venres) e gardalo cando estea baleiro.
-Vidro: frecuencia de recollida segundo necesidade.
-Pilas: en función das necesidades de recollida e as solicitudes que existan (Solicitude para recollida de pilas – teléfono 988 32 01 38)
ENLACES DE INTERESE
- Sede
Electrónica - Portal de
Transparencia - Perfil do
Contratante - O noso
Rueiro - Camiño de
Inverno - Suscríbete en
TokApp - Subvencións á
Cidadanía - Web
Turismo