O Concello do Barco ten un acordo coa Asociación de Familiares de persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras (Asfaval), polo que esta entidade asume a recollida e posterior reciclado dos aceites de cociña. Deste xeito, consíguese contribuir á mellora do medio ambiente, e tamén á integración de persoas con discapacidades intelectuais.