CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--
Punto limpo
Horario: De Lúns a Venres: de 9,30 a 13,10 horas, pola maña, e de 16,00 a 19,30 horas, pola tarde. Os sábados, de 9,30 a 13,40 horas.
Teléfono: 988 32 01 38 / 699 49 19 60
Localización:Estrada Nacional 536, á saída de Viloira e a carón da ITV
Xestión:
Soamente se admiten residuos xerados por particulares e os producidos en pequenos comercios, oficinas e servizos cando sexan asimilables a urbanos ou municipais.
Prohíbese a entrada de residuos de orixe industrial, excepto os seguintes residuos:plásticos varios, papel e cartón, ferraia e madeiras. En ningún caso se admitirán residuos perigosos de orixe industrial.
O traslado de residuos corre a conta do cidadá, cos seus propios medios de transporte.
RESIDUOS ADMITIDOS | RESIDUOS NON ADMITIDOS |
Papel e cartón Envases de vidro e cristal plano Envases de plástico, briks e latas Plásticos varios( PVC, PET, etc) Madeira Restos metálicos de fogares(ferralla) Electrodomésticos sen CFC: (liñ marrón: televisións, videos, lectores de DVD, equipos de música); (liña branca: lavadoras, lavalouzas, vitro-cerámicas, microondas, fornos, cociñas, encimeiras de gas e eléctricas, campás extractoras, quecedores);(liña gris: computadoras, monitores, impresoras, ordenadores portátiles, xoguetes) Residuos voluminosos (mobles, colchóns, somieres , etc) Residuos procedentes de obras menores Cubertas de rodas de coche, motos e bicicletas Cubertas de rodas de tractor Téxtiles Lodos de pintura e verniz Pilas (botón, alcalinas e salinas) Baterías de chumbo Tubos fluorescentes Lámpadas haloxenas Tóner e cartuchos de impresión. Aerosois Electrodomésticos con CFC: frigoríficos e conxeladores Aceites minerais e filtros procedentes de particulares Aceite usado vexetal Envases baleiros de residuos perigosos Trapos e papel contaminado Filtros de aceite e combustible |
Calquera tipo de residuo admitido no punto limpo mesturado con outro
Residuos sen identificar
Calquera tipo de residuo perigoso cando sexa depositado por unha empresa ( de orixe industrial)
Lixo doméstica recollida no colector verde
Residuos perigosos que non sexan os especificamente indicados na columna do lado
Animais mortos
Residuos agrícolas ou gandeiros
Residuos procedentes da limpeza viaria
Residuos perigosos que sexan entregados en envases de mal estado.
Recipientes voluminosos que contiveran materiais tóxicos ou perigosos
Residuos infecciosos, clínicos, bio-sanitarios ou citotóxicos
Materiais explosivos, inflamables ou radioactivos
|
CONDICIÓNS DE ACEPTACIÓN DE RESIDUOS |
|