O procedemento para formalizar a matrícula é o seguinte: os interesados deben pasar pola oficina de deportes, co DNI do interesado para recoller unha folla de matrícula e unha taxa bancaria. O interesado disporá de 24 horas para entregar a taxa pagada e a folla de matrícula cumprimentada na mesma oficina. As clases comezarán o luns 2 de outubro, e rematarán o venres 14 de xuño.
Ademais, para adultos tamén se ofertan as actividades de kárate, tiro con arco, boxeo e kick boxing, xestionadas polos clubs deportivos respectivos. Neste caso, a matriculación debe realizarse nos propios clubs.
No folleto están todas as modalidades, horarios, lugares de celebración e resto de información: https://www.concellodobarco.gal/fileadmin/noticias/programa_escolas_deportivas_adultos_2023_2024.pdf
No que atinxe ao deporte base, para nenos/as e mozos/as de ata 17 anos, as escolas ofertadas son as de fútbol, fútbol-sala, ximnasia rítmica, voleibol, zumba, atletismo, ballet, kárate, baloncesto, patinaxe e hockey patíns, piragüismo, boxeo e kick-boxing e tiro con arco. Cada modalidade estará xestionada polo club deportivo ao que pertence, e cada un establece as idades e formas de funcionamento. No folleto que se achega está toda a información relativa ao deporte base:
https://www.concellodobarco.gal/fileadmin/noticias/folleto_deporte_base_escolas_deportivas_2023.pdf