Tralo desenvolvemento, a través do Eixo Atlántico, dun estudo previo que abrangue toda a área comarcal, está a preparar un Plan de Acción para a Axenda Urbana do Barco de Valdeorras, entendida en clave territorial. Neste proceso, no que se combina a obtención de información cuantitativa e cualitativa, pasa a ser fundamental a participación da veciñanza.
É por iso, desde a páxina web do Concello e das súas redes sociais estase a lanzar un formulario online que permite a participación da veciñanza, para así contar coas opinións de todos aqueles que residen ou teñen relación coa localidade.
As persoas que así o desexen poderán participar, de forma anónima, e aportar a súa visión das necesidades nos aspectos económico e social, de urbanismo, mobilidade e medio ambiente e de novas tecnoloxías e gobernanza. A información recollida no cuestionario permitirá unha identificación máis axeitada das problemáticas e retos que debe afrontar o territorio de cara ao futuro.
Deste xeito definiranse as principais demandas de inversión de cara ao ano 2030, así como permitir unha posición máis favorable de cara á obtención dos fondos europeos do seguinte período plurianual.
A Axenda Urbana e Rural do Barco de Valdeorras será a folla de ruta do municipio nos próximos anos, identificando no seu Plan de Acción unha serie de actuacións aliñadas con dez Obxectivos Estratéxicos recollidos na Axenda Urbana Española.
Para a redacción do Plan de Acción elaborouse unha diagnose que recolle a situación actual do municipio e a súa área de influencia. A partir desta análise e dos datos recollidos no proceso de participación cidadá, elaboráranse as liñas estratéxicas da Axenda Urbana, e servirán de base para a definición das actuacións recollidas no Plan de Acción.
A exposición dos resultados acadados durante o proceso efectuarase no mes de decembro, nun evento aberto á veciñanza.
Para poder participar na enquisa, hai que premer no enlace: