Durante esa noite haberá xogos, talleres e historias de medo. Recomendase aos participantes que se acheguen disfrazados, e está previsto que haxa sorpresas para os mellor ataviados..
As actividades comezarán ás 8 da tarde, e incluirán xogos tradicionais do día de Samaín, talleres de cabazas e un "escape room" moi divertido e con moitas sorpresas . Os participantes poderá cear e almozar na propia biblioteca, sendo únicamente necesario que leven sacos de durmir e esteira para pasar a noite. Quen prefira durmir na casa, poderá asistir ao "escape room", que se celebrará entre as 8 e as 10 da noite. Os que durman na biblioteca deberán deixar a instalación entre as 9 e as 10 da mañá do día 1 de novembro.
CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--