Este mércores, 11 de outubro, celébrase no teatro Lauro Olmo o Día da Muller Rural, organizado pola Concellería de Cultura do Concello do Barco dentro da VI edición do “Ciclo Nacional de cine y Mujeres Rurales”, que pon en marcha o goberno central.
Os actos, de entrada libre e que comezarán ás 20,00 horas, inclúen a proxección da película documental “Una elefanta sobre la tela de una araña” e un coloquio posterior con mulleres da comarca, de varias xeneracións. Para rematar, os asistentes participarán nunha cata de viños.