Dentro da programación cultural desta temporada, haberá actuacións musicais, teatro, representacións para público infantil e xuvenil e ata un monólogo. Este venres, ás 12,00 horas, comezarase con unha das funcións escolares previstas no programa, coa función “A nena que vivía nunha caixa de mistos”, da compañía Caramuxo Teatro. O 5 de outubro será a outra representación para público infantil e xuvenil, neste caso coa obra “Iphixenia na porta do súper”, do grupo Compañía Humana. As dúas representacións escolares previstas serán ás 12 da mañá e de entrada gratuita, dentro do programa “Cultura por alimentos”, co obxectivo de recoller alimentos para os máis necesitados.
Do resto do programa cultural, con un total de 16 actividades diferentes ata o 29 de decembro, destacan o concerto teatralizado de Camerata Lírica da obra “Las Bodas de Fígaro”, o 6 de outubro, e o do Orfeón Valdeorrés o día 7. Tamén hai que mencionar a obra “Contos Arraianos”, de Sarabela Teatro o 3 de novembro, a maxia Stand up Magic de David Burgueño o 13 de outubro, ou a obra “O Apalpador e as palabras perdidas” da compañía.”A Xanela do Marín” para pechar a programación.
A carteleira de cine comercial comeza tamén este venres 29 de setembro, co filme “ Campeonex”. Na programación deste mes de outubro hai películas para todos os públicos e gustos, con proxeccións ás 17,00 horas no caso dos filmes infantis, e ás 19,30 ou 22,00 horas, según os casos, para filmes para o público adulto.