O programa ábrese o venres 8 de setembro coa inauguración da exposición Martín Códax, e as actividades propiamente festivas comezan o día 13. Ás 21,00 horas celebrase o pregón na Praza Maior, e a verbena estará animada polo grupo América. O xoves 14, Día do Cristo, comeza co Madrugón, e termina coa actuación da Orquestra Panorama. Os fogos artificiais serán ás 22,30 horas, e durante toda a xornada sucederanse as actividades para todos os públicos.
O venres 15 actuará o grupo local Son do Sil, e a orquestra deste día é Tekila, e o sábado e o día da festa das pandillas, do Descenso do Sil e do tren fluvial, coa orquestra Cinema para as verbenas. É tamén o día da actuación de “Los Secretos”, que chega á localidade dentro dos actos organizados polo Centro de Deportes Barco para celebrar o seu 50 aniversario, en colaboración co Concello do Barco. No concerto tamén actuarán o grupo local Sr. Jingles e a DJ Sofía Cristo, acompañada dos DJ locais Jorge Rodríguez e Dani Argü DJ.
As festas rematan o domingo, coa Milla Urbana e a orquestra Gran Parada como actos destacados desta xornada.
Ademais, na programación destas Festas do Cristo 2023 haberá actividades para nenos, teatro e música nas rúas, parques de xogos, e deporte, con fútbol, petanca e fútbol-sala.
No enlace que se achega atópase todo o programa, que tamén se pode consultar, íntegro, no código QR que aparece nos carteis:
https://www.concellodobarco.gal/fileadmin/noticias/programa_cristo_2023.pdf