É un servizo público en cuxa organización, funcionamento e execución participan as administracións locais e autonómica, así como os cidadáns, mediante a prestación da súa colaboración voluntaria.
A acción do grupo de Protección Civil do Barco oriéntase ao estudo e a prevención das situacións de risco, catástrofe ou calamidade pública nas que poida perigar a integridade física das persoas, e á protección e o socorro destas nos casos en que estas situacións se produzan. Actúa en casos de incendios e salvamento, e raliza diversas actividades informativas sobre primeiros auxilios e emerxencias dirixidas a diversos colectivos e aos centros escolares. Colabora, igualmente, en cantas actividades lúdicas, culturais e deportivas se desenvolven no concello e para os que se require a súa presenza.
Enderezo: Urbanización A Cerámica, s/n.
Tel. 616 402 882