O Ges realiza traballos de prevención contra incendios forestais, coa realización de limpezas preventivas de xeito habitual.
Tamén actúa cando se rexistran accidentes, catástrofes ou outros sucesos nos que poida perigar a integridade física das persoas, e na protección e o socorro destas, nos casos en que estas situacións se produzan. Actúa en casos de incendio, salvamento, rescate e accidentes de tráfico.
Tamén colabora en cantas actividades culturais, lúdicas e deportivas se desenvolven no concello..
Enderezo: Urbanización A Cerámica, s/n
Telefono 653293517.- Teléfono para emerxencias:112