A primeira edición do ciclo Terrasón, en 2020, levou a música en directo a diferentes puntos estratéxicos da vila durante as fins de semana de xullo, agosto e setembro do ano pasado.
O balance da acción foi claramente positivo, tanto na asistencia de público como no cumprimento das normas marcadas para este tipo de eventos. Por iso, con ese bo sabor de boca, ponse en marcha esta segunda edición do ciclo, buscando a súa consolidación como unha cita fixa marcada na programación cultural estival do Barco.
No cartel están todas as actuacións previstas para este ano, así como as súas localizacións. Co código QR do cartel pódense consultar con detalle as actividades para cada un dos días de actividade.











