Neste sentido, Alfredo García comentou que “estas bonificacións significan que o prezo é moito máis competitivo do que era ata agora, e permitirá que moitos empresarios interesados na adquisición de terreos para asentarse podan facelo”. O alcalde tamén lembrou que a redución dos prezos se chan industrial marcados pola Xunta para o Polígono da Raña “é unha vella petición tanto do Concello do Barco como dos empresarios”, que por fin se ve cumprida.
En caso de que algún dos terreos dispoñibles non se venda no marco do concurso, o director do IGVS aclarou que este organismo poderá adxudicalos de forma directa e respectando sempre as condicións orixinais, ou ben asignalos na modalidade de dereito de superficie, é dicir, a cambio do pagamento dun canon anual moi reducido con opción de compra.
Así mesmo, Heriberto García explicou aos representantes do Concello e dos tecido empresarial local que a modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG) traerá novidades importantes para o municipio. O Barco, beneficiaráse dunha modificación “substancial” no seu parque, ao que se engadirán 70.000 metros cadrados máis de superficie cara ao sur.












