O Túnel do Viño terá lugar os días 10 e 11, e abrirá as súas portas de 12,00 a 14,00 horas, pola mañá, e de 19,00 a 22,00 horas, por la tarde, na praza de Ramón Otero Pedraio de Viloira. As entradas costarán 7 euros, para unha sesión do túnel, e 10 euros para dúas sesións, que poden ser alternas ou consecutivas.
Ademáis, tamén haberá catas, tanto o sábado como o domingo. Os dous días, ás 13,00 e as 14,00 horas, a cata será impartida polo director técnico da DO, Jorge Mazaira, baixo o título "Importancia dos froitos nos sabores e os aromas dos viños de Valdeorras". E ás 19,00 e as 20,00 horas, tamén sábado e domingo, a cata será dirixida por Marisé Mosteiro, directora técnica da DO Queixo de Tetilla, baixo o título "Maridada de queixos as cinco DO galegas, de quieixos e viños de Valdeorras".
Para poder participar en calquera das catro sesións de catas previstas para esta feira, é precisa a inscrición previa dos interesados, no correo electrónico comunicacion@dovaldeorras.com. O prezo da inscrición é de 10 euros por cata e persoa, e deberá facerse antes do xo ves 8 de xullo.












