O intenso traballo, especialmente nos dos últimos anos, permitirá que en 2022, Florencio Delgado Gurriarán, O Barco e Valdeorras sexan os protagonistas da cultura galega. “A pesar de que se celebre no ano 2022, a designación prodúcese neste 2021, o que o convirte nun ano maravilloso, ao coincidir esta gran noticia, co centenario do nacemento de Lauro Olmo, e o centenario da morte de Elena Quiroga”, di Margarida Pizcueta, unha das primeiras persoas da comarca que apostou por esta iniciativa.
O Concello quere dar a grazas a todas as persoas, organismos e institucións que traballaron arreo para lograr este obxectivo, e tamén á Real Academia Galega pola decisión adoptada.
https://academia.gal/-/as-letras-galegas-2022-homenaxear-c3-a1n-a-florencio-delgado-gurriar-c3-a1n











