A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca varias prazas para obter a Certificación Galega en Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia o 14 de outubro, está aberta aos cidadáns en xeral que, pola súa experiencia ou pola formación adquirida por diferentes medios, xa posúen os coñecementos necesarios no manexo das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice, pero non teñen titulación.
A inscrición poderá realizarse a través de internet, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede (https://cemit.xunta.gal).
Entre as persoas inscritas –no caso de que se superara o número de prazas convocadas- realizarase un sorteo alfabético para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda.