O alcalde do Barco, Alfredo García, e o concelleiro de Comercio y Promoción Económica, Eladio Santos, mantiveron unha xuntanza con representantes de AEVA na que recordaron que a ordenanza de terrazas inclúe a meirande parte das peticións realizadas polos hostaleiros para tratar de paliar a crise provocada polo Covid, no que atinxe á instalación de cortaventos, sombrillas e estufas.
Tamén avanzou o alcalde que o Concello non cobrará as taxas pola instalación de terrazas no ano 2021, ao igual que se fixo neste ano 2020, “e seguiremos a non liquidar a taxa mentres se manteña a situación de emerxencia sanitaria”. Tamén se manterán as mesas en zonas que non impidan o tránsito de peóns alí onde sexa necesario, e as autorizacións especiais para os locais que non tiñan terraza.
A idea é continuar co apoio decidido ao pequeno comercio e a hostalaría, e por elo, ademais da campaña de tarxetas bonificadas, estase a preparar un programa especial para Nadal, “con luces, pista de xeo, e actividades para os nenos, entre outras actividades” para que, “se as autoridades competentes o permiten, e sempre respectando as normas de prevención establecidas en cada momento, tratar de manter a ilusión nos nenos e tamén nos maiores, e que podan saír ás rúas, con toda seguridade claro está, para gozar do Nadal”.
O concello destinará 110.000 á unha campaña de animación do pequeno comercio e a hostalaría co reparto de 5.000 tarxetas-. Este proxecto únese ás inversións realizadas nos últimos meses polo Concello para apoiar ao comercio e a hostalaría. Só a taxa de terrazas supón 15.000 euros anuais, polo que se está a falar de 30.000 euros.
Houbo outras apartacións directas a este sector, como a compra de vallas para acotar terrazas, o programa especial cultural (Terrasón), para zonas da hostalaría, con 17.000 euros de gasto, outros 6.000 euros no proxecto “Entretendas” e os 32.000 euros que se destinaron á adquisición de material de prevención (hidroxel e máscaras) para os establecementos comerciais e hostaleiros. Todo, asumido integramente polo Concello do Barco. Estase polo tanto a falar de máis de 200.000 euros de axuda directa a este sector.