A oficina terá o acometido de relacionarse de forma activa cos axentes que traballan na promoción de produtos e a dinamización turística. O sector do viño, os produtores, os establecementos de restauración e hostalaría ou as empresas de turismo activo e enoturismo son algúns deses axentes cos que se quere traballar de xeito constante. Tamén se porá en contacto aos usuarios ou posibles visitantes coas empresas da zona para informarlles sobre onde aloxarse, comer ou realizar actividades de ocio. A información turística e a posta en marcha de proxectos para a revitalización da praza de abastos son outros dos obxectivos da oficina.
CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--













