Con este programa, ademais da realización das melloras incluídas no mesmo, tentase axudar ás pequenas empresas do municipio, que poderán optar a facer a meirande parte destas obras e deste xeito apoiar á economía do concello.
O proxecto con maior orzamento é o de arranxo das piscinas de verán, nas que se investirá preto de 222.000 euros para a reparación dos vestiarios e dunha zona de tellado do edificio, a mellora das zonas de baños e duchas e o arranxo do vaso da piscina grande. Dentro das obras para Deportes, se ampliará o vestiario do Campiño de Viloira, cun custo de case 15.000 euros.
Outras obras que se realizarán con cargo ao remanente son a mellora do asfaltado en diferentes puntos das urbanizacións da Cerámica e As Huertas, cun investimento de 25.652 euros, mellora das rúas Florencio Delgado Gurriarán e Virxe da Barxa (84.270 euros), o asfaltado da rúa Santa Rita, cun importe de 12.190 euros, e a mellora de infraestruturas na rúa Calabagueiros (50.880 euros). No arranxo da rúa Penaguillón investiranse 13.250 euros, e para a adecuación e sinalización dunha ruta de sendeirismo resérvanse case que 33.000 euros.
Tamén se farán obras de asfaltado na estrada de Santigoso a Cesures, cun importe de 61.480 euros, rematarase o Camiño do Cabo en Éntoma, cun orzamento de 143.000 euros, e realizaranse obras en acondicionamento en Tremiñá por importe de 120.000 euros. A mellora do camiño Soulecín-Santigoso (48.230 euros), o remate da rúa Elena Quiroga na súa marxe dereita (42.400 euros), a rúa San Martiño en Viloira (26.016 euros), e o depósito de augas no Ferradal (37.100 euros), son outros proxectos incluídos neste programa.