Estas son as bases dos concursos:
1.- Poderán participar persoas de calquera idade que teñan a súa residencia no concello do Barco. A inscrición deberá realizarse no impreso dispoñible na páxina www.empresariosdevaldeorras.com. entre as 9 horas do día 30 de abril e as 14 horas do 3 de maio de 2021.
2.- Os participantes ademais de subir ás rr.ss. as súas creacións co cancelo #OsMaiosDoBarco deberán envialas co formulario de inscrición ou por correo electrónico a conta aeva@empresariosdevaldeorras.com
3.- Establécense catro categorías e outorgaranse os seguintes premios en forma de vales para gastar en calquera dos establecementos comerciais do Barco (incluídos os de restauración) que pertenzan a AEVA e ao CCA O Barco:
Maio tradicional, enxebre ou artístico (vídeo ou foto)
Maio construído consonte a tradición: con madeira, tea de saco, xestas, flores,...
• Primeiro premio: vale de 200 euros
• Segundo premio : vale 150 euros
• Terceiro premio: vale 100 euros
Maio (representación plástica ou meme)
Maio feito con elementos non vexetais ou meme relacionado cos Maios e á súa festa.
• Primeiro premio: vale de 75 euros
• Segundo premio : vale 50 euros
• Terceiro premio: vale 25 euros
Coplas cantadas (texto e vídeo)
Composición orixinal, escrita e cantada, en estrofas (mínimo 12) de catro versos nas que riman os pares.
• Primeiro premio: vale de 100 euros
• Segundo premio : vale 75euros
• Terceiro premio: vale 50 euros
Coplas escritas (texto ou meme)
Composición orixinal escrita en estrofas (mínimo 12) de catro versos nas que riman os pares ou meme.
• Primeiro premio: vale de 75 euros
• Segundo premio : vale 50 euros
• Terceiro premio: vale 25 euros
4.- Cada persoa poderá participar con tantas creacións como queira nas redes, pero só poderá presentar a concurso unha por categoría. Todas as creacións presentadas serán publicadas nas rr.ss. do concello do Barco e de AEVA e CCA O Barco.
5.- As decisións sobre os premios serán tomadas por un xurado do que formarán parte unha persoa en representación do Concello do Barco de Valdeorras, unha persoa da presidencia de AEVA/ CCA O Barco, unha persoa profesional da comunicación, unha persoa coñecedora da festa dos Maios e unha persoa do mundo cultural e artístico.
6.- A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases. O fallo do xurado será inapelable e darase a coñecer o día 7 de maio.











