Por esta razón, e dado que a rede 4G está a ser implantada en cada vez máis puntos da comarca, os operadores implicados puxeron en marcha un programa encargado de detectar e solucionar as posibles incompatibilidades entre os dous servizos.
Trátase do servizo Llega800, completamente gratuíto para os usuarios e que, ademais de pór a disposición dos veciños unha plataforma na que comprobar as localidades que xa teñen conexións de alta velocidade, tamén ofrece servizos de información e reparación de incidencias. Así, levan a cabo un proceso de contacto previo mediante o cal comunican aos veciños que poden solicitar de forma gratuíta a adaptación da antena do seu edificio para evitar incidencias; pero tamén se encargan de atender aos usuarios cuxos aparellos xa foron afectados.
Para resolver estes cortes na recepción da sinal, pódese solicitar a instalación dun filtro na antena SEN COSTE NINGÚN, chamando ao seguinte teléfono GRATUÍTO 900 833 999
Para xestionar estes servizos ponse a disposición dos clientes tamén e a páxina web www.llega800.es
O 90% destas incidencias soluciónanse coa instalación deste filtro, a non ser que os cortes sexan por outro motivo.










