O prazo inicialmente marcado para usar as tarxetas era o 31 de marzo. Co fin de conseguir o obxectivo marcado con esta campaña de promoción do comercio e a hostalería, e que non é outro que animar ao consumo e mobilizar 250.000 euros en total, decidiuse ampliar o prazo para a súa utilización.
Tendo en conta ademais que, precisamente o 1 de abril comeza a Semana Santa, e que pode ser unha boa oportunidade para dinamizar a hostalería, decidiuse adoptar esta medida. O día 16 de abril, todas as tarxetas emitidas, tanto as que teñan o saldo íntegro como as que teñan algún resto non utilizado, quedarán desactivadas definitivamente.










