O Concello do Barco de Valdeorras foi beneficiario dunha subvención ó abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais, estando cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027. A subvención concedida foi destinada para a contratación dunha Auxiliar administrativa, sendo a duración do contrato laboral temporal de 9 meses. O obxectivo é mellorar o acceso ó emprego de persoas demandantes de emprego, e en particular de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--











