As persoas maiores de 17 anos, terán múltiples opcións para practicar diferentes disciplinas deportivas, como a ximnasia rehabilitadora ou de mantemento, esta última en dous niveis de dificultade (alto e baixo); ponte en forma, adestramento funcional, zumba, pilates, bailes de salón, ioga, e tai-chi terapéutico.
Os interesados deberán achegarse de forma presencial ao 1º andar do edificio multiusos do Concello, en horario de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, para recoller o unha folla de matrícula e unha taxa bancaria co DNI do alumno/a, indicando a escola na que desexan inscribirse. Para a adxudicación definitiva da praza, no prazo dunha semana, deberán facer entrega da taxa pagada (75 euros) e a folla de matrícula cumprimentada, na oficina de rexistro situada no 1º andar do mesmo edificio.
O curso dará comezo o día 1 de outubro de 2026, e prolongarase ata o 15 de xuño de 2027.
Ademais das anteriores disciplinas, varios clubs da vila ofertan actividades deportivas cuxos prazos de inscrición, horarios e prezos son xestionados seguindo as condicións do seu propio funcionamento. Estas actividades son: karate, tiro con arco, boxeo e kick boxing, e pádel.
Deporte base
As escolas deportivas municipais tamén ofrecen á veciñanza menor de 17 anos, opcións de matrícula en tres modalidades deportivas: ximnasia rítmica, zumba e multideportes.
A inscrición nestas actividades segue o mesmo procedemento que para as actividades das persoas adultas, coa diferenza do prezo, que neste caso é de 50 euros para menores de 4 a 16 anos.
Por outra banda, os diferentes clubs deportivos do Barco, ofrecen a posibilidade de practicar outras disciplinas como fútbol, fútbol sala, karate, atletismo, baloncesto, tiro con arco, pádel, voleibol, patinaxe e hóckey patíns, boxeo e kick boxing e piragüismo.
Cada un destes deportes ou modalidades estará xestionado polo club deportivo ao que pertence, polo que as idades, prezos de matrícula e forma de funcionamento son diferentes en cada un deles.
Faga clic no FOLLETO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO BARCO
Faga clic no FOLLETO DO DEPORTE BASE












