A un mes da súa celebración, o SilFest Valdeorras, evento do que o Concello do Barco é anfitrión e colaborador, foi presentado na mañá de hoxe mércores 3 de xuño, no espazo no que desenvolverá a súa X edición, do 2 ao 4 de xullo, a beira do río Sil ao seu paso polo Barco. Consolidado xa como un dos festivais de referencia en Galicia, o seu codirector, Jorge Álvarez, asegurou que “levar dez anos facendo un festival destas características nun lugar como O Barco, como Valdeorras, non é doado pola voráxine festivaleira na que Galicia está inmersa”, e que “manter esa esencia, é algo imprescindible que sería imposible sen a colaboración do Concello do Barco desde o minuto un”.
Pola súa banda, o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, deu as grazas á organización do festival por seguir “apostando polo Barco” porque “é un luxo contar cun festival deste calibre, con arredor dunha vintena de artistas que en tres días van facer que O Barco sexa o centro neurálxico da música”. Salientou o alcalde o impacto positivo do evento na proxección do concello, que “posicionou ao Barco no mapa dos festivais a nivel nacional”.
O obxectivo do SilFest Valdeorras dende a súa primeira edición no ano 2015 non mudou, “unir neste entorno único, como é a praia fluvial do Malecón do Barco, música en directo de bandas solventes e algunhas emerxentes que anos despois son cabezas de cartel doutros festivais”, explicou Álvarez. Polo momento, este ano “se están vendendo moitas entradas fóra de Galicia como País Vasco, Madrid ou Canarias”. Aproveitou a ocasión para facer invitar aos indecisos a que veñan desfrutar da música, o viño, a gastronomía, a natureza, e da programación proposta.
Durante o acto, a organización presentou o cartel desta décima edición, que reúne a artistas e bandas como Morgan, Hinds, La Paloma, L.A., Puño Dragón, Bum Motion Club, Sr. Jingles, Begut, DJ90, La Gloria, Mazu, Zabriskie, Adrian Timms e Os Parrandas, entre outros. No relativo ao MiniSilFest, este año incorpora a Paco Nogueiras e reforza unha proposta diseñada para achegar a música e a cultura aos máis pequenos.
Cos abonos xa á venda, o vindeiro venres día 5 de xuño, o festival anunciará a distribución do cartel por días nas súas redes sociais e web, e a partir das 15:00 horas, activarase a venda de entradas de día, que poderán adquirirse tanto a través dos canais online habituais, como de forma presencial en Ton y Son, no Barco de Valdeorras.
Ademáis dos concertos, o público poderá desfrutar dunha ampla programación paralela que inclúe actividades familiares, obradoiros, experiencias gastronómicas, catas de viños da D.O. Valdeorras e propostas vinculadas ao entorno natural, como os paseos en kayak polo río Sil. Unha oferta que convirte ao festival nunha experiencia completa e accesible para diferentes xeracións e formas de vivir a cultura.













