Desde o día 21 de maio, e ao longo de cinco días consecutivos ata o luns día 25, O Barco celebras as Festas da Santa Rita 2026.
Grazas ao traballo dos membros da comisión de festas, a cidadanía poderá desfrutar dunha variada programación que inclúe baile e música, en forma de charangas, discoteca móbil e orquestras, atraccións para cativos e xuventude, ademais da 5ª edición do Torneo de Petanca e a 18ª edición do Gran Premio de tiro ó prato.
O venres día 22, o día grande da Festa, celebrarase a festividade da Santa de Casia coa tradicional misa e procesión polas rúas da vila.
Minimizar as molestias polo ruído
O Concello lembra que as tiradas de bombas de palenque estarán concentradas en momentos puntuais de curta duración co obxectivo de minimizar as molestias que este tipo de pirotecnia causa a persoas con sensibilidade auditiva, e aos animais de compañía.
Tamén lembra as condicións de obrigado cumprimento para atraccións e postos, rexidas pola aplicación da “Hora Silenciosa”, co obxectivo de que as persoas con problemas de tolerancia aos ruídos podan desfrutar da festa. O silencio deberá ser respectado entre os días 21 e 25 de maio, de 19:00 a 20:00 horas.
Así mesmo, o Concello velará polo respecto ao descanso da veciñanza, prohibindo a montaxe e desmontaxe de atraccións e postos entre as 00:00 e as 8:00 horas.











