Normas de participación
1/ Poderán participar comparsas de 10 ou máis persoas.
2/ As comparsas deberán tomar parte, en todo o seu percorrido, do desfile que terá lugar o martes día 17 de febreiro de 2026 a partir das 17:30 horas e que, partindo da avenida Conde de Fenosa, percorrerá varias rúas do Barco, rematando na praza Maior. O punto de encontro será diante do Hospital, ás 17:00 horas.
3/ Poderán inscribirse ata o venres 12 de febreiro ás 13:00 horas
4/ Na inscrición deberán constar os seguintes datos:
- Nome e apelidos, DNI, e-mail, teléfono e sinatura da persoa que fai a inscrición.
- Nome da comparsa e número de compoñentes da mesma.
5/ Cada comparsa inscrita deberá levar en lugar visible o seu número de inscrición, no momento do desfile, para facilitar a súa identificación. Deberán desfilar en orde ou seguindo unha coreografía e levar música ou ruído (chifres ou semellantes).
6/O xurado encargarase de comprobar en varios puntos do percorrido que os datos contidos na inscrición axústanse á realidade, podendo minorizarse o premio se o número de integrantes que participan no desfile é inferior a inscrito.
7/ Establécense os seguintes premios:
-Comparsas de 10 a 20 persoas: 150 euros.
-Comparsas de 21 a 30 persoas: 250 euros.
-Comparsas de 31 a 40 persoas: 350 euros.
-Comparsas de 41 persoas en diante: 450 euros.
8/ Os premios pagaránselle aos representantes de cada comparsa (as persoas que teñan feito a inscrición) ao finalizar o desfile, previa identificación coa presentación do DNI.
9/ A participación no concurso supón a aceptación e o cumprimento das normas. En caso de non se cumpriren, a organización pode reservarse o dereito a deixar sen premio á comparsa.











