O Concello do Barco de Valdeorras foi beneficiario dunha subvención ó abeiro da Orde do 13 de agosto de 2025 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con estidades locais, estando cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027.
A subvención concedida foi destinada á contratación dun Auxiliar administrativo, sendo a duración do contrato laboral temporal de 9 meses. O obxectivo é mellorar o acceso ó emprego de persoas demandantes de emprego, e en particular de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.