A través desta iniciativa, que se realiza no marco dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e está financiada pola Unión Europea (Next Generation), INCIBE quere elevar os niveis necesarios de cultura en ciberseguridade que calquera usuario debe posuír para desenvolverse con confianza e seguridade na era dixital.
Acerca do roadshow
O roadshow, unha vez despregado, é un espazo versátil, multifuncional e completamente accesible, que dispón de dúas grandes zonas, unha área interior e unha exterior, con diversas actividades de concienciación, formación e lúdicas, para que todos os participantes poidan divertirse á vez que aprenden a navegar de forma segura pola Rede.
En concreto, o espazo interior, capaz de acoller a 30 persoas, conta cunha área de gamificación; zona expositiva de charlas e contidos didácticos; e un escape room, onde superar riscos dixitais e desenvolver accións para evitar e xestionar ameazas. Á súa vez, no espazo exterior, con capacidade para 36 persoas, habilítase unha zona de xogos e unha cabina para poder contactar co 017, o servizo ‘A túa Axuda en Ciberseguridade’ de INCIBE.
O roadshow estará aberto de martes a venres, de 9:00 a 14:00 horas, e de 16:30 a 19:30 horas, e o sábado de 11:00 a 15:00 horas, e de 16:00 a 20:00 horas. A entrada é libre, e nos horarios de mañá atenderase fundamentalmente a grupos de escolares, ou de outros colectivos que queiran visitar o camión, pero está aberto á poboación en xeral, ata completar aforo.
Este formato permite manter a equidade no acceso á información e a capacitación a calquera nicho de poboación, achegando os contidos, medios e recursos a calquera colectivo, en calquera localización, en igualdade de condicións.










