A programación elaborada pola Concellería de Deportes, presentada polo concelleiro Aurentino Alono na nova xaula de lanzamento instalada polo Concello no Estadio Polideportivo de Calabagueiros, contén actividades en moitos ámbitos deportivos: atletismo, baloncesto, fútbol sala, voleibol, pádel, orientación, boxeo, petanca, fútbol, fútbol 7, ximnasia rítmica, piragüismo, etc. Haberá campus en verán para os máis novos, andainas, xornadas de portas abertas en diferentes disciplinas, campionatos, torneos, carreiras e competicións de diferentes deportes.
Toda a programación, no cartaz.