Rodrigo Marini agradeceu, moi emocionado, o apoio recibido polo Concello, “que desde o primeiro momento se sumou á idea”, e por todos os veciños, empresas e entidades do Barco aos que solicitaron o seu apoio. “Dopamina Zero” será, en opinión dos responsables municipais, “un escaparate do Barco, que poderá ser coñecido alí onde chegue o filme”. “Estoy seguro de que no solo llegaremos a los Goya, sino que estoy seguro de que los Oscar, al menos en la preselección, son una opción muy posible”, dicía Gerardo de las Morenas, produtor executivo. O actor protagonista, Ballesta, referiuse á calidade humana do director. “Creo que va a ser el mejor director con el que he trabajado”, indicó, “porque exprime a los actores hasta conseguir lo mejor de ellos”.
“Dopamina Zero” conta a historia de Ignacio (Juan José Ballesta), un músico con moito futuro que vive apartado dos escenarios a causa dun párkinson de inicio temperá. Apenas ten relación co mundo exterior, e a súa, su vida cambia cando coñece á dependiente dunha tenda de discos de segunda man.
O equipo do filme alabou a implicación de todos os veciños cos que mantiveron contacto ata agora, e están seguros de que seguirá a ser así. A partir de hoxe, haberá rodaxes en varios puntos de O Barco. Estas rodaxes poderán afectar e algún momento ao tráfico de peóns por rúas ou de vehículos, pero só de xeito puntual. “Pero merece a pena”, dixo o alcalde, Alfredo García, “porque serán molestias moi pequenas, comparado co que este proxecto pode significar para O Barco”. O alcalde e a concelleira de Cultura pediron “empatía” a cidadanía, e tamén “que aproveiten esta rodaxe para coñecer o mundo do cine, vivir unha nova experiencia e gozala”. “O Barco será esta semana una vila de cine”, engadiu o alcalde.
No exterior, a rodaxe comezará mañá mércores 9 de abril na rúa Eulogio Fernández e en Marcelino Suárez. O xoves, rodarase no aparcadoiro do paseo do Malecón. O venres, en diferentes puntos do Malecón (entre o Casino e o arroio Mariñán), ao igual que o sábado, con localizacións en varios puntos do casco vello, Malecón e a avenida do Bierzo e Eloi Rodríguez Barrios.