O obxectivo é mellorar a capacidade de resposta das administracións locais mediante a coordinación con expertos en investigación e xestión forestal, avaliando solucións adaptadas ás condicións locais e o seu potencial para ser aplicadas noutras áreas con problemas similares. En definitiva, trátase de favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas.
Na última década, os países do Suroeste Europeo (Sudoe) experimentaron un aumento na frecuencia de incendios forestais, impulsado en parte polo cambio climático e o abandono rural. España, Portugal e Francia atópanse entre os países con máis incendios na UE.
Para abordar esta problemática, o proxecto propón unha estratexia de prevención baseada en tres fases: entender os factores que contribúen al problema, desenvolver e probar ferramentas innovadoras para a xestión de incendios, e transferir estes enfoques a toda a rexión Sudoe.
O proxecto USE4FOREST contempla tres actividades crave:
1.-Caracterización dos ámbitos determinantes: Inclúe a análise do marco lexislativo sobre incendios forestais, os condicionantes demográficos, o tipo de vexetación e as políticas relacionadas, e o modelo de xestión adoptado polas autoridades competentes. Ademais, identificaranse boas prácticas e crearase unha ferramenta de auto avaliación para coñecer o modelo de xestión e as súas variables.
2.-Proba de ferramentas innovadoras: levarán a cabo acciones piloto para avaliar o impacto da vexetación, a planificación preventiva, a modelización do comportamento dos incendios e a eficacia de corta fogos produtivos. Estes ensaios buscarán definir unha estratexia innovadora de prevención de incendios no Sudoe.
3.-Capitalización: formación e transferencia: Implantarase un programa de formación e información para a poboación sobre como evitar riscos e actuar en emerxencias, ademais de difundir os resultados obtidos no proxecto.