O 20 de decembro celébrase a XVII Carreira Popular Do Turrón do Barco, organizada pola Concellaría de Deportes. O evento é solidario, e ten como obxectivo a recollida de alimentos non perecedeiros para a súa entrega ao Banco de Alimentos.
As persoas interesadas deberán inscribirse entre o 12 e o 19 de decembro, e poderán facelo de xeito presencial no segundo andar do Edificio Multiusos, ou enviando un correo electrónico a deportes@concellodobarco.org. En ambos casos, os dorsais terán que ser recollidos no segundo andar do edificio.
Nesta actividade, que pode realizarse correndo ou camiñando, haberá dous percorridos: un para os máis pequenos, con saída as 19,30 horas, e outro para adultos, a partir das 20,00 horas. Para todos, haberá diferentes premios, entre eles algún para os mellores os disfraces. E, para todos os inscritos, ao final da proba haberá sorteos de premios e chocolatada.