Na meirande parte das localidades instalouse un único armario, pero en algúns, como Alixo, Santigoso ou Coedo, colocáronse dous, atendendo ás súas características especiais -distancia entre os barrios ou, no caso de Coedo, a existencia dunha estrada con moito tráfico que pode dificultar o fácil acceso ao armario-. Os dispositivos -27 en total- colocáronse en todos os casos en puntos con fácil acceso, tras consultar aos veciños. As chaves dos armarios foron entregadas aos pedáneos de cada unha das poboacións.
O concello pretende que estes dispositivos (de cor vermella para unha fácil localización) cumpran co obxectivo de servir aos veciños como primeira defensa, en caso de lumes ou incendios, ata a chegada dos servizos de emerxencia. Cada un destes armarios conta con dúas mangueiras de 45 milímetros de grosor e 30 metros de lonxitude, así como redutores, chaves de apertura de hidrantes e lanzas. Para o seu uso, os veciños só teñen que abrir o armario, coller as mangueiras e conectalas a unha boca de rego.
porngameshub.netpornjoy.orgscatlife.netscat-video.orgpornjav.org