A recollida e entrega das follas de inscrición pode facerse tanto na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán como na Librería Praxis. O prezo da actividade estableceuse en 50 euros por inscrito, e o servizo de agarda custa 10 euros por cada franxa horaria. Todas as actividades do campamento terán lugar no edificio da biblioteca, e as prazas (cun máximo de 60) adxudicaranse por rigorosa orde de entrega.
No programa de actividades que se desenvolverá no campamento hai actividades inclusivas e de solidariedade, como xogos, actividades luminosas, manualidades, actividades de inxenio, obradoiros creativo e moitas cousas máis.
CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS
--