A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pon ao dispor das persoas interesadas en acceder á certificación contidos formativos en liña, a través da plataforma de teleformación da Rede CeMIT, que poden empregar para adquirir os coñecementos e habilidades definidas no Marco Galego de competencias dixitais. A formación, no seguinte enlace: cemit.xunta.gal/gl/formacion/competencias-dixitais
A inscrición poderá realizarse a través do portal da Rede CeMIT cos únicos requisitos de ser maior de 16 anos e usuario da Rede. Os lugares, datas e horarios de cada unha destas edicións poden consultarse máis detalladamente na páxina web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), na que figura o calendario das probas presenciais, que se celebrarán en 45 concellos de Galicia.
Para obter o ComDix Iniciación é preciso superar un cuestionario de 60-70 preguntas tipo test de diversa complexidade que inclúe a avaliación das 21 competencias establecidas na estrutura do Marco Galego ComDix, considerándose aptas aquelas persoas que superen o 70% do total das preguntas e o 60% das preguntas referentes a cada unha das seguintes 5 áreas: información e datos; comunicación e colaboración; creación de contido dixital; seguridade e privacidade; e contorna dixital e solución de problemas.