As orquestras destas festas, Kubo, Função Públika, Assia e Trébol, son grupos demandados pola poboación en varias ocasións, e que este ano animarán os bailes e verbenas que se celebrarán no Campo da Festa. Como concerto estrella das Festa, actuará o grupo “Fillas de Cassandra”, o 14 de setembro, tamén no Campo da Festa e con entrada de balde. O grupo local Mrs Fine serán os teloneiros neste concerto, e o grupo Gin Toni’s ofrecerá un concerto, tamén de balde, no mesmo lugar na noite do día 15.
O grupo Amanecer será o que protagonice os pasarrúas, cos cabezudos e Calantornias, que se celebrará o día 13 pola tarde e chegará á praza Maior onde, ás 21,00 horas, terán lugar os actos do pregón, que este ano será protagonizado por José Prada Muradás. Este ano, ademais das actividades tradicionais (Descenso do Sil, Madrugón, Milla Urbana, Festa das Pandillas, Procesión do Cristo, fogos artificiais, pasarrúas, monicreques), este ano contarase coa novidade dun tren turístico que percorrerá as rúas da localidade. Esta actividade será gratuíta para todos os usuarios.
O programa completo, neste enlace:
https://www.concellodobarco.gal/fileadmin/noticias/concello_do_barco_programa_cristo.pdf
: