Tamén se celebrará unha cata de vinos, “Cata no Sil”, coa sumiller Mercedes González o domingo día 8 ás 12.00 h. Será unha cata de viños de Valdeorras premiados en 2024, maridados con produtos gastronómicos da propia feira. Para participar é precisa a inscrición previa, cun custo de 5 euros, no teléfono 604076918 ou na Oficina de Dinamización Turística do Barco.
Por realizar compras na Feira de Produtos Tradicionais, os produtores darán aos seus clientes participacións para o sorteo dunha gran cesta con produtos da feira. O Sorteo terá lugar o domingo pola tarde, pouco antes do peche da feira.
Este ano, como novidade, contarase cunha zona de degustación, e poderán adquirirse tapas nos propios postos dos produtores, e haberá tamén dúas foodtrucks situadas no entorno do río Sil para dar servizo aos visitantes do JamFest de Amava e da Feira de Productos Tradicionais.
A Feira de Produtos Tradicionais 2024 coincide no espazo da Praia fluvial esa mesma fin de semana co JamFest de AMAVA. Trátase dun festival musical organizado pola Asociación de Música Alternativa de Valdeorras (AMAVA) en colaboración co Concello do Barco, e que contará con sesión vermú o sábado ás 12.30 h. e o domingo ás 13.30h., e Noite de Rock con oito grupos locais o sábado ás 20.00 horas.
Por último, celebraranse 2 talleres gratuítos de artesanía para o público infantil e adulto:
Taller “A Voltas co Barro”: Sábado día 7, ás 18.00 horas. Realizarase coa artesana de “CENIZA DE PAPEL”, creando unha peza de barro nun torno. (18 prazas) Inscricións: chamando ou whatsapp aos teléfonos 607855397 / 602631114 ou no stand de Ceniza de Papel na propia feira.
Taller “Casiñas para páxaros”:Domingo día 8, ás 18.00 horas, cos artesáns de ARTESANÍA DE GALICIA creando unha casiña de madeira para crear conciencia da importancia dos paxaros tras os incendios. (20 prazas) . As inscricións deben realizarse no instagram de @artesania_enxebre ou no stand de Artesanía Enxebre na propia feira.