A inscrición para o xantar terá un custo de 10 euros por persoa, que se pagarán o día de celebración da Festa, no espazo habilitado para a mesma na Praia Fluvial. Os nenos menores de tres anos que asistan á Festa non deberán ser inscritos nin pagarán a cuota establecida para a inscrición.
Cada pandilla deberá ter como mínimo 4 integrantes, e nomeará a un representante, que será o encargado de facer o pago da cuota de inscrición de todos os integrantes da pandilla á que represente. Cada grupo deberá levar un elemento que a identifique (paño, gorra, camiseta, etc…), e haberá prazas limitadas.
As inscricións poden realizarse ata o día 9 de setembro, de dúas formas: de xeito presencial, no terceiro andar do Edificio Multiusos, ou por medio do formulario ao que se accede no seguinte enlace: