Tamén o día 23, ás 20,00 horas, comezarán as proxecións co curto “Dragón branco”, e ás 23,30 horas actuará o grupo musical “Sito Trío”, na praza Maior. O sábado, 24 de agosto continúan as proxecións cos filmes “Gardiá de dragones”e “Civil War”e o domingo 25 poderá verse “Música”. Os días 26 e 27 de agosto proxectaranse “A familia Sylvanian”, “O mal non existe” e“No nome da terra. Os días 28, 29 e 30 de agosto será o momento dos filmes “Lassie”, “Os indesexables”,”Pico de ouro e os seus amigos”, “Intocable” e “A Casa”. O sábado 31 de agosto haberá un taller de “sumi-e” xaponés, impartido por Vanessa Rodríguez, e ás 19.00 horas proxectaranse curtametraxes creadas por estudantes do colexio Condesa de Fenosa.
Na billeteira do Teatro Lauro Olmo poderán adquirirse tanto as entradas para as películas (3 euros para nenos e poseedores de carné xoven en 5 euros para adultos), como os bonos que dan dereito a ver todos os filmes incluídos no programa. Neste caso, o prezo é de 10 euros para nenos e mozos con carné xoven, e 25 euros para os adultos. Tamén hai descontos para os socios do Cine Club Groucho Marx, que organiza a Semana de Cine coa colaboración do Concello do Barco, a Xunta de Galicia e a Federación de Cine Clubes de Galicia.